XORNADA: VIDEOXOGO, REALIDADE ALIMENTADA E LITERATURA – (MUSEO MARCO)

Descripción: 

Nesta última década, a irrupción e expansión no ámbito cultural galego dun tecido industrial creativo do videoxogo é un fenómeno que cómpre explorar dende un ámbito global e local, coa mirada posta na internacionalización, pero tamén na procura da esencia diferenciadora que enriquece un produto cultural como é o do videoxogo.

As administracións, cada vez máis conscientes do potencial de crecemento do sector do videoxogo, están realizando cada vez máis esforzos de promoción e fortalecemento da creatividade, así como o fomento de foros que reúnan os principais axentes do sector con outros sectores culturais e creativos de Galicia para fomentar o diálogo e afondar nas sinerxías e interaccións entre eles.

Dende a Fundación Carlos Casares, conscientes da inherente relación entre videoxogos e literatura, apoian estes foros de comunicación, estas pontes entre diversos medios, talentos, sectores e profesionais. Creando así perspectivas transversais que permitan desenvolver estratexias e actuacións novidosas, co obxectivo de enriquecer a contorna cultural galega e fomentar a normalización cultural e lingüística de Galicia.

Data: 
Mar (04/06/2019)
Horarios: 
10:30 h a 19:30 h
Lugar: 
Museo MARCO
Organizador: 
Fundación Carlos Casares, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Libre até completar aforamento