"WILL SAMSON-SINSAL OUTONO 16" - (BIBLIOTECA DA EMAO)

Descripción: 

Cun avó nacido en Bengala Occidental (India) e unha avoa natural da Patagonia arxentina, era inevitable que Will Samson desenvolvera un incontrolable desexo de viaxar. Nacido en 1988, pasou os primeiros anos da súa vida na costa oeste australiana, para regresar ás súa Inglaterra natal aos 10 anos, e embarcarse aos 19 nun viaxe de catro meses por distintas partes de Asia e a cordilleira do Himalaia. Esta experiencia axudouno a dar forma á súa concepción da vida, e ademais serviu para que Will deixara medrar a súa barba, fose bendecido por un monxe budista, bebera copiosas cantidades de té nepalí, coñecera a un grupo de contrabandistas de xoias indias, fora testemuña de excepción da caída da monarquía nepalí, camiñara sobre as nubes e vira saír o sol tras unha montaña sagrada.

Pero o que quizais é máis importante aos efectos que nos ocupan é que, nas dúas semanas posteriores ao seu regreso a Inglaterra, Will tivo tempo de gravar trinta minutos de cancións e realizar a súa primeira actuación. Durante os tres anos seguintes gravou abondoso material de música ambient, experimental e instrumental baixo diversos alias, autoeditando dous EP’s e un disco, e xirando intensamente por Europa. Destas experiencias, e dun exilio autoimposto que levou ao noso home a unha época de illamento en Europa continental, é froito Hello Friends, Goodbye Friends. Traballo intimista e introspectivo, gravado ao longo de tres meses nunha pequea habitación, no que Samson converte en deliciosas cancións emocións que abranguen ansiedade, dúbida de si mesmo, medo, soedade… pero tamén alegría e celebración.

Data: 
Xov (15/11/2018)
Horarios: 
20:15 h
Lugar: 
Biblioteca da EMAO
Organizador: 
Sinsalaudio, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €. Venda anticipada en ataquilla.com, Versus Librería, Honky Tonk Discos e Elepè Discos. A billeteira abre media hora antes do comezo dos concertos