VAI CHOVER DE SANTIAGO D. RISCO, RUST DE ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN E AYSHA DE FON CORTIZO – CINE CLUB LUMIERE. PROXECCIÓNS EN ITINERACIA DO CGAI – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

VAI CHOVER  de  SANTIAGO D. RISCO

FICHA TÉCNICA

Director: Santiago D. Risco
Fotografía: Santiago D. Risco
Producción: Santiago D. Risco
Sonido: Jonathan Herraiz

Duración: 30 minutos.

Nacionalidade: España

Ano: 2016

V.O.

 

NOTA DO DIRECTOR

Os textos que orixinaron esta curtametraxe envioumos a miña nai un día por correo electrónico. Intereseime por eles, ela explicoume de onde saían. Unha das veces que puiden volver á miña cidade de orixe, Ourense, ensinoume a caixa de puros habanos que os contiña. Deixoume quedarma. Ao lelos, xurdíronme moitas preguntas sobre o meu avó e os seus textos. Como cando os puido escribir, en que traballaba entón, se coñecía xa á miña avoa ou non. Pero as preguntas que me xurdiron ao final de todo eran diferentes: por que me interesaba tanto por estes textos?, estaban pensados para lerse ou só gardarse e esquecerse?, por que a miña nai comezou a transcribilos cando os descubriu? Entón decidín volver e axudala dalgún modo para recuperar e manter a memoria deses textos e quen os rodea. Pois, creo, quizais é unha maneira de enfrontarse a unha choiva que, quéirase ou non, vai chegar.

 

RUST  DE  ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN

FICHA TÉCNICA

Director: Eloy Domínguez Serén
Interpretación e son directo: Chris Porcarelli
Producción: Michael Krotkiewski

Duración: 14 minutos.

Nacionalidade: España

Ano: 2016


SINOPSE

Unha paisaxe deserta, cuberta de neve. Un lugar e unha época indeterminados. Un home anónimo, atemporal deslízase cara ao interior dun devastado edificio industrial. Está atrapado entre ruínas e ferruxe, testemuñas do tempo. Avanza entre sombras e refugallos, seguindo un ritual tan preciso como críptico. Polifonía de materiais. O pasado resoa en cada paso. Ecos dunha presenza. Unha figura solitaria flutúa no abismo.  

 

AYSHA  DE   FON CORTIZO

FICHA TÉCNICA

Director: Fon Cortizo
Fotografía: Javier Álvarez                                                    
Producción: Fon Cortizo, Alexandre Cancelo.
Música: Fran Márquez

Duración: 30 minutos.

Nacionalidade: España

Ano: 2017

SINOPSE

Aysha é unha moza que emerxe cunha voz  enérxica e con forza en Oriente Medio. A poesía e a creatividade son as súas  armas para mudar unha sociedade expectante tras a primaveira árabe.

Data: 
Mér (27/03/2019)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura e mailo CGAI
Acceso: 
Filme do día 27, ten entrada de balde até completar aforamento
AnexoTamaño
PDF icon CGAI MARZO 2019.pdf272.56 KB