TERRAZAS DE VERÁN (MANUEL ESTEBAN E ÁUREAS) - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Xoves 7, ás 19:30 h. Encontro co escritor Manuel Esteban.

Xoves 14, ás 19:30 h. Concerto Áureas.

 

Aproveitando o bo tempo do verán sairemos á rúa para realizar unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a literatura e a música como  protagonistas.

Contaremos co escritor  Manuel Esteban nun encontro informal cos seus lectores, unha charla amigable onde os participantes poden falar e preguntar ao escritor sobre o que rodea ao mundo literario.

A semana seguinte disfrutaremos do concerto do grupo Áureas,  un “conxunto internacional” dos anos 20 no que ventos, cordas, voces e baterías interpretan os ritmos bailables de moda nos comezos do século pasado. O traballo de cinco intérpretes femininas e unha directora escénica confluén na creación deste proxecto.

 

Prazas: 20.

Destinatarios: público xeral, maiores de 16 anos.

Data: 
Xov (07/09/2017)
Horarios: 
19:30 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto