"SESIÓNS ANECOICAS: MARÍA DEL MAR BLANCO MORENO-SINSAL OUTONO 16"- (ESCOLA DE ENSEÑERÍA DE TELECOMUNICACIÓNS, UNIVERSIDADE DE VIGO)

Descripción: 

María del Mar Blanco Moreno é actualmente profesora de clave no Conservatorio Superior de Música de Vigo e compaxina a docencia coa actividade concertística, tanto ao piano como no clave, tocando en grupos de música de cámara e realizando estreas de música contemporánea. Nacida en Madrid en decembro de 1981, comeza os seus estudos musicais aos 11 anos de maneira autodidacta. Aos 16 ingresa no Conservatorio Adolfo Salazar onde estuda piano con Eva Alcázar e Música de Cámara con Aníbal Bañados, titulándose 3 anos despois como profesora de Piano, Solfexo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento.

Como complemento á súa formación, licénciase en Historia e Ciencias da Música na Universidade de Salamanca. Tamén é Titulada Superior en Clave polo Conservatorio Superior de Castela e León onde estudou con Pilar Montoya e baixo continuo con Saskia Roures e Carmen Leoni.

Data: 
Mér (24/10/2018)
Horarios: 
15:30 e 16:30 h
Lugar: 
Escola de Enxeñería de Telecomunicacións, Universidade de Vigo
Organizador: 
Sinsalaudio, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Capacidade limitada. Inscrición en info@sinsalaudio.org