SANTIAGO MONTES. Rara avis [Ciclo ‘METRÓPOLE . Perspectiva urbana da arte galega’] - (MARCO)

Descripción: 

 

O ciclo METRÓPOLE, comisariado por Rubén Martínez Alonso, naceu cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

 

 

O proxecto está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe como en contidos, distribuídas nos espazos do primeiro andar: por unha banda, a correspondente ao pasado, representada por unhas salas nas que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente da cidade de Vigo nesas décadas iniciais do século XX, mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco. Por outra, a segunda mostra individual do ciclo, que se exhibe nas salas frontais.

 

SANTIAGO MONTES é o protagonista da segunda exposición individual do ciclo. Baixo o título Rara avis, a mostra reúne máis de corenta pinturas procedentes da colección do artista, ademais de catro obras de gran formato producidas especificamente para este proxecto, acompañadas de material audiovisual a modo de documentación do seu proceso creativo.

 

Data: 
Ven (26/10/2018) a Dom (03/02/2019)
Horarios: 
Inauguración 20:00 h Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00  
Domingos de 11.00 a 14:30
Lugar: 
Marco. Primeiro andar
Organizador: 
Fundación Marco, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon NP_expo METRÓPOLE II_SM_gal.pdf793.19 KB