S3N MOLD3S II. COMENTARIOS FOTOGRÁFICOS SOBRE OS XÉNEROS – (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

Esta exposición reúne fotografías realizadas polo alumnado de primeiro de Grao de Belas Artes. Na materia "Técnicas fotográficas" propúxoselle elaborar imaxes que reflexionasen sobre a orde sexual imposta, contrapoñéndolle visións críticas, discrepantes, anovadoras, creativas, diverxentes ou mesmo paradoxais.

Buscando un amplo abano temático, traballos complexos e imaxinativos, alén de valorando as súas calidades técnicas e formais, Mar Caldas e Carlos Tejo (docentes da materia) seleccionaron dezaoito propostas que agora se expoñen.

Polas vías da denuncia ou da proclamación, desde a parodia ou a evocación, con humor ou con solemnidade, con afectividade ou con desapaixonamento, o alumnado contruíu estas imaxes que quebran roles de xénero tradicionais e exploran sexualidades liberadas das normas. Convídannos a incorporar novos principios de visión, a desfacernos de vellos esquemas mentais, a imaxinar diversas subxectividades, construídas sen feituras prefixadas, sen moldes.

Participantes: Nahir Álvarez Monzón, Lola Calviño Puertas, Daniela Dominguez Gómez, Vanesa Dominguez Neira, Sofía Gonzalez Rodríguez, Laura López Ignacio, Carla Montouto del Río, Mónica Pascual Walch, María Fernández Pérez, Paola Reboreda Campos, Iria Vaqueiro Pereira e Uxía Zamar Barcala.

Data: 
Lun (10/06/2019) a Dom (30/06/2019)
Horarios: 
luns a venres: de 18 h a 21 h sábados: de 12 h a 14 h e de 18 h a 21 h domingos e festivos: de 12 h a 14 h
Lugar: 
Casa das Artes. Planta primeira
Organizador: 
Nós Mesmas, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto