A Rede de Museos Municipais amplía os seus horarios de apertura con motivo do DIM'18

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional dos Museos, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema nesta ocasión é "Museos hiperconectados. Enfoques novos, públicos novos".

Por este motivo, a Concellería de Cultura amplía o horario de apertura ao público dos centros da Rede de Museos Municipais dende o xoves 17 ao domingo 20 de maio, según o seguinte:


Xoves 17, venres 18 e sábado 19 de maio:

* Casa das Artes, Casa Galega da Cultura e Pinacoteca FFR: de 11:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h

* Verbum e Pazo-Museo "Quiñones de León" de Castrelos: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h

 

Domingo 20 de maio:

* Casa das Artes, Casa Galega da Cultura, Pinacoteca FFR, Verbum e Pazo-Museo "Quiñones de León" de Castrelos: de 11:00 a 14:00 h

 

Por outra banda, o Museo Liste-Etnográfico de Vigo ofrecerá o venres 18 a actividade Furgolibro de Tia Ni ás 10:30 h, unha visita guiada ao museo ás 11:30 h e unha exhibición comentada sobre o lema do DIM'18 ás 12:30 h

Por último, o MARCO ampliará a oferta de visitas guiadas á exposición "XULIO VERNE. Os límites da imaxinación" o sábado 19 (ás 12:00, ás 18:00 h e ás 19:30 h) e o domingo 20 de maio (ás 12:00 h).