PRESENTACIÓN DOCUMENTAL PANTOQUE, DE EDUARDO ARMADA – (MARCO)

Descripción: 

O 16 de novembro inaugurábase, nos espazos da planta baixa do MARCO, a exposición PANTOQUE. Un proxecto creativo multidisciplinar, desenvolvido polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo erealizador audiovisual Eduardo Armada, baseado na confluencia de dous modos de narración que parten dunha mesma realidade: explorar a través da linguaxe plástica e visual o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro, neste caso Astilleros Armada en Bouzas, Vigo.

Como actividade paralela e complementaria desta mostra, o vindeiro 18 de xaneiro estrearase, nunha das salas da planta baixa, o documental Pantoque, realizado por Eduardo Armada, que recolle toda a historia e proceso do proxecto dende o seu inicio. Será a primeira vez que o documental se proxecte como obra completa, en toda a súa duración. Na presentación e coloquio posterior participará, xunto a Armada, o artista Ramón Trigo.

Data: 
Ven (18/01/2019)
Horarios: 
20:00 h
Lugar: 
MARCO, galería 2 (Planta baixa)
Organizador: 
Fundación Marco, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Libre e gratuíta ata completar aforo