Peche provisional da Biblioteca Juan Compañel o sábado 31 de marzo

Infórmase que a Biblioteca Pública Juan Compañel (r/ Joaquín Yáñez, 6) permanecerá pechada, por motivos de seguridade, o sábado 31 de marzo, debido aos labores de desratización, desinfección e desinsectación, levados a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

O luns 2 de abril a biblioteca xa funcionará nos seus horarios habituais.