OS CANS DE MARCELA SAID – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

 FICHA TÉCNICA

 Dirección y guiónMarcela Said

 Musica: Grégoire Auger

 FotografíaGeorges Lechaptois    

 Duración: 95 minutos.

 Nacionalidade: CHILE   

 Año: 2017

 V.O.

 Ficha artística:

Antonia Zegers, Alfredo Castro, Rafael Spregelburd, Alejandro Sieveking

 2018:PREMIO AO MELLOR ACTOR,  ALFREDO CASTRO, NOS PREMIOS PLATINO
2017: STOCKHOLM FILM FESTIVAL: PREMIO Á MELLOR ACTRIZ ANTONIA ZEGERS
2017: MUNICH FILM FESTIVAL: PREMIO CINEVISION  -MENCIÓN HONORÍFICA Á DIRECTORA-
2017: KOLKATA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO AO MELLOR FILME
2017: CAIRO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO NAGUIB MAHFOUZ AO MELLOR GUIÓN
2017: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO HORIZONTES

 SINOPSE

Unha muller pertencente á burguesía chilena ocupa os seus días dirixindo unha galería de arte e aprendendo a montar a cabalo. Desprazada polo seu pai e o seu marido dos negocios familiares, comeza a sentirse atraída polo seu profesor de equitación, un ex coronel do exército. Un día, chegan buscando o coronel pola súa participación en crimes durante a ditadura.

MARCELA  SAID

Directora, guionista, fotógrafa, actriz e produtora nada en Santiago de Chile en 1972. Licenciada en Estética en Chile, no 1996 trasládase a Francia para a realizar un máster en técnicas e linguaxes  de medios na Sorbona. Tres anos máis tarde estrea o seu primeiro traballo documental, Valparaíso, producido por Les Films d’ Ici para a televisión francesa. No 2001 dirixe I Love Pinochet, un documental centrado no ditador chileno,  galardoado en varios festivais.  Volve a Chile no 2007 xunto co seu marido, Jean de Certeau -tamén cineasta- co que realiza o documental Opus Dei, unha cruzada silenciosa, centrado na influencia desa organización católica en Chile. O seguinte traballo xuntos foi o  filme O mocito, sobre a vida de Jorgelino Vergara, un home que traballou nun centro de tortura durante o rexime militar chileno e que foi estreado na Berlinale 2011.
O verán dos peixes voadores (2013), no que retrata a difícil convivencia dos chilenos.

Data: 
Lun (19/11/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 euros Cota filme soci@: 4 euros Bono Lumière 5 filmes: 15 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 5 euros PARAD@S, con carné: 4 euros
AnexoTamaño
PDF icon NOVEMBRO 2018.pdf447.66 KB