OBRADOIROS INFANTÍS DE NADAL - (MUSEO MARCO)

Descripción: 

A partir do martes 26 de decembro e durante cinco días consecutivos, o MARCO ofrece obradoiros didácticos de Nadal dirixidos a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a propuesta toma como base a exposición do 1º andar, “A timidez da copa das árbores”, sacando partido das súas posibilidades didácticas e da presenza das obras en salas para relacionalas con temas e contidos presentes nestas datas.

Ao longo de 2017, a programación educativa do MARCO veuse reforzada polo apoio da Obra Social “la Caixa”, tanto nas visitas e grupos de escolares, como en propostas para grupos con necesidades especiais. Tras as exposicións “Mulleres do silencio” e “Ánxel Huete”, no último trimestre o programa para escolares xirou ao redor da mostra “A da copa das árbores”, mediante visitas e obradoiros específicos dirixidos a alumnado de distintas idades e ciclos educativos (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e outros ciclos). Con esta colaboración, que naceu con ánimo de continuidade, a Obra Social “la Caixa” pretende ofrecer actividades complementarias ao traballo nas aulas, nas que se fomenten a arte e a cultura, e ás persoas con necesidades específicas opcións de ocio inclusivo.

  

CALENDARIO / AVANCE OBRADOIROS

Martes 26 decembro

“O teléfono estropeado”. Xogos de movemento en torno a algunhas das obras en exposición. Ensamblaxe de formas e experimentos cheo/baleiro a partir de sinxelas formas xeométricas.

Mércores 27 decembro

“Palabras cruzadas”. Xogos de frases encadeadas e debate en grupo en torno a algunhas das obras en exposición. Panel de palabras cruzadas.

Xoves 28 decembro

“Figuras móbiles”. Xogos de movemento por parellas en torno a algunhas das obras en exposición. Elaboración de figuras trenzadas feitas a partir de lá de cor.

Venres 29 decembro

“Mensaxes invisibles”. Xogos de palabras e frases invisibles a partir de recordos e experiencias dos nosos maiores, en torno a algunhas das obras en exposición. Preparación dun paquete sorpresa, individual e en grupo.

Sábado 30 decembro

"Árbores naturais”. Xogo de experiencias en torno ás árbores naturais e artificiais. Creación dunha peza colectiva inspirada nas árbores e a natureza.



Destinatarios: público infantil e familiar. Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de adultos.

Data: 
Mar (26/12/2017) a Sáb (30/12/2017)
Horarios: 
De 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Museo Marco. Salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar) (rúa Príncipe 54, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura coa colaboración da Obra Social de La Caixa
Acceso: 
Gratuíto
Ciclo: 
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo (máximo 50 participantes)