OBRADOIRO DE ROBÓTICA - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Con este obradoiro de robótica a biblioteca quere ofrecer ao público infantil unha alternativa de ocio lúdico-formativa nas mañás de verán, ao tempo que achegalo ao mundo das ciencias. Así, ao longo de catro sesións de hora e media, achegarase ao público participante a este mundo, á súa linguaxe, os seus códigos e os seus segredos, de forma que esperte nel o amor pola robótica e pola programación e o interese polos libros que tratan esta temática e que pode atopar na biblioteca.

No obradoiro abordaremos a construción e a programación de pequenos robots de Lego Robotix que ao conectalos  ao ordenador poden facer pequenas accións. Con eses autómatas introduciremos aos rapaces no mundo da robótica, combinándoo con outras actividades como a creación das súas propias historias protagonizadas polos personaxes creados.

 

Prazas: 10 prazas.

Persoas destinatarias: Público infantil maior de 8 anos.

Inscrición: As persoas interesadas en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir do 16 de xuño de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

 

 

 

PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Data: 
Mar (03/07/2018) a Xov (05/07/2018)
Horarios: 
De 11:00 h a 12:30 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto