OBRADOIRO DE PAPAVENTOS - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Neste obradoiro os participantes teñen que deseñar o seu propio papaventos, que confeccionarán empregando diferentes materiais e que logo aprenderán a voar.

 

Prazas: 15 prazas.

Persoas destinatarias: público infantil maiores de 8 anos.

 

Inscrición: As persoas interesadas en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir do 20 de xuño ás 10,30h de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Data: 
Mér (05/07/2017) a Xov (06/07/2017)
Horarios: 
De 10:00 h a 13:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto