O concerto de Susana Seivane cancélase por motivos de saúde da artista

A Concellería de Cultura informa da cancelación do concerto de Susanna Seivane, previsto o vindeiro venres 16 de novembro no Auditorio Municipal do Concello, por motivos de saúde da artista.
 
Dende Ticketea poranse en contacto con todas as persoas que compraron a súa entrada a través de internet para devolverlles o importe das mesmas; no seu caso, aquelas persoas que as compraron en Discos Elepé, poderán achegarse alí para recibir o importe da devolución correspondente.