Nova función para o espectáculo musical para bebés do día 22 de abril no Auditorio Municipal

Infórmase que a Concellería de Cultura pon á venda mañán venres día 13 as entradas para unha nova función da compañía VIU EL TEATRE, co espectáculo para bebés "Pintamúsica!",que se celebrará ás 16:30 h do domingo 22 de abril no Auditorio Municipal do Concello.

As entradas poderán adquirirse anticipadamente (sen gastos de xestión), a través da páxina web de Ticketea (www.ticketea.com), no teléfono 902.044.226, en Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35), ou ben o mesmo día do espectáculo, a partir dunha hora antes do comezo, no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles). As entradas para as funcións das 12:00 e das 18:00 h están esgotadas.