(NON SON UNHA BRUXA) DE RUNGANO NYONI – CINE CLUB LUMIERE (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Rungano Nyoni

Música: Matthew James Kelly

Fotografía: David Gallego

Duración: 90 minutos.

Nacionalidade: Zambia/Alemaña/Francia/R.U.

Ano: 2017

V.O.S.C.

 

FICHA TÉCNICA

Maggie Mulubwa

Gloria Huwiler

Travers Merrill

Chileshe Kalimamukwento

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO STOCKHOLM FILM FESTIVAL 2017
MENCIÓN ESPECIAL Á DIRECTORA NO MUMBAI FILM FESTIVAL 2017
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO BRITISH INDEPENDENT FILM AWARDS 2017
PREMIO AO MELLOR FILLME NO AFRICA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL (AFRIFF) 2017
PREMIO AO MELLOR FILME NO ADELAIDE FILM FESTIVAL 2017

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN E PRODUCIÓN  NOVEL NOS PREMIOS BAFTA 2018

PREMIO AO MELLOR FILME NO SARASOTA FILM FESTIVAL 2018
PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME NO OAK CLIFF FILM FESTIVAL 2018

PREMIO Á DIRECTORA NO CYPRUS FILM DAYS INTERNATIONAL FESTIVAL 2018
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO EVENING STANDARD BRITISH FILM AWARDS 2018

PREMIO ROMPENDO ONDAS, Á MELLOR DIRECCIÓN NO TITANIC INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME, NO VUES D'AFRIQUE FILM FESTIVAL 2018

 

SINOPSE

Tras un incidente na vila onde vive, Shula, con nove anos, é acusada de bruxería e desterrada a un "campo de bruxas", onde lle din que de intentar escapar se converterá nunha cabra branca. Terá que decidir se acepta o seu destino ou se arrisca na busca da liberdade.

 

RUNGANO  NYONI

Directora, guionista, produtora, actriz e montadora nada en Lusaka, Zambia no 1982. Aínda que foi criada en Gales,  para o seu debut elixe esta historia de  obediencia e sometemento coaccionado, e amosa a opresión sufrida polas mulleres no seu país natal. Ela mesma pasou máis dun mes nun campamento como os que amosa no filme en Ghana para documentar un guión que combina a denuncia social e a sátira. Este filme foi o primeiro zambiano en se presentar no Festival de Cannes, en 2017; dende aquela, segue obtendo éxitos.

Algunhas das súas curtametraxes: 20 Questions, The List (2009), Mwansa o Grande (2011), Nordic Factory,   Kuuntele (2014).

Este é o  seu último traballo.

Data: 
Lun (18/03/2019)
Horarios: 
20:30
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 euros Cota filme soci@: 4 euros Bono Lumière 5 filmes: 15 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 5 euros PARAD@S, con carné: 4 euros
AnexoTamaño
PDF icon MARZO 2019.pdf111.48 KB