MOSTRA “DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018: Mª VICTORIA MORENO” - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

ACTIVIDADES:

Mércores, 16 de maio ás 18:00 h: Día das Letras Galegas. Raquel Queizás. Ruta Propia (público infantil).

 

Con motivo do "Día das Letras Galegas", a Biblioteca Xosé Neira Vilas decide sumarse aos festexos para conmemorar a obra de Mª Victoria Moreno.

Así, na Biblioteca Xosé Neira Vilas realizaranse diferentes actividades para festexar esta data.

Organizamos unha mostra bibliográfica onde estarán presentes as obras de Mª Victoria Moreno, así coma outras obras significativas da literatura galega. Esta mostra complétase cunha serie de carteis de conmemoración do “Día das Letras Galegas” doutros anos e finalizaremos cunha sesión especial de contos dirixidos ao público infantil da man de Raquel Queizás que nos amosará o mundo literario de Mª Victoria Moreno.

 

Destinatarios: todas as persoas que accedan á biblioteca.

 

 

PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Data: 
Mar (01/05/2018) a Xov (31/05/2018)
Horarios: 
MAÑÁS: de martes a sábado de 10:30 h a 14:00 h - TARDES: de luns a venres de 17:00 h a 20:30 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto