MISS KIET’S CHILDREN DE PETRA LATASTER-CZISCH & PETER LATASTER – CINE CLUB LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Petra Lataster-Czisch, Peter Lataster

Fotografía: Peter Lataster

Duración: 115 minutos.

Nacionalidade: Holanda

Ano: 2016

V.O.S.C.

 

2017: PREMIO MELLOR DOCUMENTAL NO WORLD HUMANITARIAN AWARDS
2018: DOCSBARCELONA, MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR DOCUMENTAL
DOXA VANCOUVER / CANADÁ / 2017 / MENCIÓN DE HONRA
DOKFEST MUNICH / 2017 / ALEMANIA / PREMIO DO PÚBLICO
NFF / PAÍSES BAIXOS / 2017 / PREMIO AL MEJOR DOCUMENTAL HOLANDÉS

           

 SINOPSE

Este traballo rexistra un ano nunha clase cun alumnado de persoas que viven refuxiadas en Holanda, nun lugar que non coñecen, cunha nova profesora e un idioma que non comprenden. Miss Kiet non só ensina a ler e a escribir en holandés, senón que tamén lles axuda a aprender a resolver problemas e a respectarse.

 

 PETRA LATASTER-CZISCH & PETER LATASTER

Parella de cineastas dende 1989. Dende entón veñen realizando diversas produccións premiadas entre documentais, curtametraxes e ficcións. No 2001 fundaron a produtora Lataster & Films. No  2012, o festival IDFA lles dedica  unha retrospectiva e o Instituto Holandés de Imaxen e Son lanza unha colección coa súa filmografía coxjunta. Entre os seus títulos destacan: Awake in a Bad Dream (2013), Jerome Jerome (2011), Without You (2010) e If We Knew (2007).

Este é o seu último traballo.

Data: 
Lun (10/06/2019)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 euros Cota filme soci@: 4 euros Bono Lumière 5 filmes: 15 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 5 euros PARAD@S, con carné: 4 euros
AnexoTamaño
PDF icon XUNHO 2019.pdf123.9 KB