MATAR A XESÚS DE LAURA MORA ORTEGA – CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

DirecciónLaura Mora Ortega

Guión: Alonso Torres e Laura Mora Ortega

FotografíaJames L. Brown      

Duración: 95 minutos.

Nacionalidade: Colombia.

Ano: 2017

V.O.

 FICHA ARTÍSTICA

Natasha Jaramillo, Giovanni Rodríguez, Camilo Escobar, Carmenza Cossio

2017: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO DA MOCIDADE
2017: FESTIVAL DA HABANA: PREMIO CORAL ESPECIAL DO XURADO
2017: CAIRO INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO FIPRESCI Á MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR FILME
2017: CHICAGO INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN
2018: GASPARILLA INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: GRAN PREMIO DO XURADO Ó MELLOR FILME
2018: PANAMÁ INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO DA AUDIENCIA Á DIRECTORA
2018: MOTOVUN FILM FESTIVAL: PREMIO AO MELLOR FILME
2018: PALM SPRINGS INTERNACIONAL FILM FESTIVAL: PREMIO CINE LATINO Á DIRECTORA

 SINOPSE

Baseado en feitos reais.  Unha moza presencia o asasinato do seu pai. Dende a distancia olla o autor mentres el foxe a todo correr nunha motocicleta. A familia terá que afrontar a indolencia oficial na que o caso pronto queda arquivado e suspendido.

 LAURA MORA ORTEGA                                          

Realizadora, guionista, montadora e produtora nada en Medellín en 1981. Realiza estudos en dirección e produción de cine na escola RMIT e un máster en guión e dirección no AFTRS, de Melbourne, onde dirixe tamén dúas curtametraxes,  West e  Brotherhood. Volta a Colombia no 2008. En 2011, acada o premio do FDC (Fondo para o Desenvolvemento Cinematográfico) para produción de curtametraxe co proxecto Salomé, rodada en Medellín ese ano e coa que acadou numerosos premios en festivais internacionais de cine.  En 2012, co-dirixe a serie de televisión Escobar, o patrón do mal, para Caracol TV, que acadou o premio á Mellor Dirección e Mellor Serie, nos Premios India Catalina da Televisión Colombiana 2013. No 2013-2014, co-dirixe a miniserie No sos vos, soy yo, adaptación do filme homónimo arxentino. A mediados de 2014 dirixe o filme Antes del fuego.

No 2013, acadou o premio de Desenvolvemento de Guión do FDC con este proxecto de longametraxe que rodou no 2016, e que, asemade, é o seu último traballo.

Ten dirixido tamén publicidade e contido web para produtoras. Ven de fundar recentemente a productora A Selva Cine,  xunto a Daniela Abad.

 

Data: 
Lun (05/11/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 euros Cota filme soci@: 4 euros Bono Lumière 5 filmes: 15 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 5 euros PARAD@S, con carné: 4 euros
AnexoTamaño
PDF icon NOVEMBRO 2018.pdf447.66 KB