LA NOVIA DE “DON QUIJOTE” - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Compañía: Eme2 emoción&arte

Xénero: teatro comedia

Autoría: José Luis Esteban

Dirección: Jose Carlos García

Adaptación: Sandra Romarís

Escenografía: Javi Tirado

Deseño de son, iluminación e música: Anxo Graña

Vestiario: Mari Seoane e Juan Duarte

Elenco artístico: Mercedes Castro

 

A Noiva de Don Quixote é unha historia a partir da novela de Cervantes. Aldonza (a protagonista) está cobrando un peso que fai que a novela sexa case unha escusa para que ela fale.

Aldonza oculta cousas. Non conta todo o que sabe nin di todo o que sente. Fala dende un escepticismo irónico que non pode ocultar unha muller ferida. Unha muller con peso e con retranca, dura e tenra, nin vella nin nova.

E que Aldonza namorou de Alonso Quijano, o home, non de Don Quixote, o heroe. E o que morreu foi Alonso Quijano. Don Quixote é inmortal. Como Dulcinea.

Data: 
Ven (08/02/2019)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €