"KOLARS-SINSAL OUTONO 16" - (MARCO)

Descripción: 

Os estadounidenses Kolars darán a súa primeira xira española o próximo mes de novembro. Un tour cun directo ben fogoso, que pasará por seis cidades. Son as seguintes: o 7 de novembro, Valencia (16 Toneladas, con Fantastic Negrito), o 8, Barcelona (La [2] de Apolo, abrindo para Fantastic Negrito na Festa 20º Aniversario de Houston Party), o 9, San Sebastián (Double Check Festival), o 10, Vigo (Sinsal Outono), o 11, Zaragoza (La Lata de Bombillas) e o 12, Madrid (Siroco). Kolars é un dúo de Los Ángeles formado polo matrimonio que compoñen Rob Kolar (voz e guitarra eléctrica) e Lauren Brown (batería). A comparación, o recordo e a vibración a The White Stripes pode que estea entre o primeiro que se vén á cabeza ao escoitalos, aínda que, se ben o son parido por esta parella vai por esa senda, tamén poden ser relacionados con The Black Keys do principio, pero nun ton máis despreocupado. Algunhas das etiquetas que lles puxeron: desert disco, glam-a-bill, rockabilly-dance, dancebilly, space blues. Antes de Kolars, Rob e Lauren formaron a banda de glam-folk He´s My Brother, She´s My Sister.

Data: 
Sáb (10/11/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Museo MARCO (rúa Príncipe 54, 36202 Vigo)
Organizador: 
Sinsalaudio, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €. Venda anticipa en ataquilla.com, Versus Librería, Honky Tonk Discos e Elepè Discos. A billeteira abre media hora antes do comezo dos concertos