Gañadores/as do XXII Maratón Fotográfico

Hai uns intres, durante o acto de inauguración da exposición na Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15), déronse a coñecer as persoas gañadoras dos premios estipulados nas bases do "XXII Maratón Fotográfico", que tivo lugar os días 25 e 26 de novembro pasados.

Nesta ocasión foron un total de 110 participantes que tiveron 24 h para fotografar catro temas: "Respecto", "Fuga", "Desliz" e "Unión".

O xurado, presidido polo concelleiro-delegado da Área de Cultura, Cayetano Rodríguez Escudero, estivo composto por:


Xisela Franco, cineasta documentalista

Javier Teniente, fotógrafo reporteiro

Rita Ibarretxe, fotógrafa e comisaria de exposicións

Rosa Mª Fernández, artista visual e fotógrafa

Victor Lago, fotógrafo

 

Os premios concedidos ás series fotográficas foron os seguintes:


- Primeiro premio, dotado con 1.000 €: LAURA PÉREZ MORÁN 

- Segundo premio, dotado con 500 €: ANDREA OGANDO VIDAL 

- Terceiro premio, dotado con 300 €:  Mª TERESA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

- Un accesit, dotado con 100 €: MARÍA SAAVEDRA DÍAZ. 

 

 

A exposición, na que se expoñen a obra de todos os participantes e de forma ampliada a dos 20 seleccionados, permanecerá aberta ao público ata o 25 de febreiro.