FESTA PIXAMA DE PELUCHES - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Invítase ao público infantil a que deixe os seus peluches por unha noite na biblioteca, para que estes celebren unha festa de pixamas na biblioteca. Nesa noite os xoguetes disfrutarán da lectura, de camiñar pola biblioteca e de durmir nun espazo diferente fóra do seu fogar. Ao día seguinte virán a recollelos e poderán ver o ben que o pasaron esa noite.

 

Destinatarios: público infantil.

Data: 
Ven (30/06/2017) a Sáb (01/07/2017)
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto