EXPOSICIÓN "VIGO, A CIDADE QUE XURDIU DA INDUSTRIA CONSERVEIRA - (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

O venres día 7 de novembro, ás 20:00 h, inaugurouse no primeiro andar da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición "Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira".

A exposición enmárcase no 110 aniversario de ANFACO-CECOPESCA, a asociación nacional que representa e lidera o sector conserveiro dos produtos da pesca e da acuicultura, así como ás principais empresas do cluster de transformación de produtos do mar. Collendo como fonte fotográfica principal os fondos do Arquivo Fotográfico Pacheco do Concello de Vigo, a exposición fai unha aproximación á pegada da conserva de peixe e marisco na configuración da cidade de Vigo.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 31 de xaneiro.

 

Máis información no seguiente enlace.

Data: 
Ven (07/11/2014) a Sáb (31/01/2015)
Horarios: 
INAUGURACIÓN (07-11-14): 20:00 h - RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: luns a venres: de 18:00 h a 21:00 h - Sábados: de 12:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h - Domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Casa das Artes, primeiro andar (rúa Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura e Festas e Anfaco-Cecopesca
Acceso: 
Gratuíto