EXPOSICIÓN PERMANENTE DA FUNDACIÓN LAXEIRO - (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

A Fundación Laxeiro en Vigo é a mellor forma de descubrir a José Otero Abeledo. Máis coñecido como Laxeiro (Lalín, 1908–Vigo, 1996), este vigués de adopción é unha figura clave na historia da pintura galega.

A exposición permanente está integrada por máis de 60 obras deste artista, considerado o máximo representante do movemento coñecido como “Renovadores da vangarda histórica galega". Os seus integrantes foron protagonistas dunha renovación plástica que superaba o rexionalismo imperante na época e que situaba a identidade estética galega en consonancia coas tendencias europeas.

Data: 
Mar (14/02/2017) a Dom (31/12/2017)
Horarios: 
Luns a sábado: de 18:00 h a 21:00 h – Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Casa das Artes. 3º andar (rúa Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)
Organizador: 
Fundación Laxeiro coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto