Entradas esgotadas para o espectáculo para bebés da compañía "CARAMUXO" na función das 18:00 h

Infórmase que as entradas para a función das 18:00 h do domingo 26 de novembro da compañía CARAMUXO, co espectáculo para bebés "Redondo", no Auditorio Municipal do Concello, están esgotadas. Por este motivo, o despacho de billetes do auditorio só funcionará para a recollida das entradas vendidas anticipadamente.