Entradas esgotadas para as funcións do espectáculo para bebés da compañía "VIU EL TEATRE" do 22 de abril

Infórmase que as entradas para as dúas funcións (12:00 e 18:00 h) do domingo 22 de abril da compañía VIU EL TEATRE, co espectáculo para bebés "Pintamúsica!", no Auditorio Municipal do Concello, están esgotadas. Por este motivo, o despacho de billetes do auditorio só funcionará ese día para a recollida das entradas vendidas anticipadamente.