DORIAN WOOD PRESENTA "XAVELA LUX AETERNA – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

O Festival Sinsal Primavera Vigo fainos catro propostas sonoras singulares nos meses de abril e maio. Dous espectáculos especiais no Auditorio Municipal do Concello: o proxecto de Tashi Wada Group con Julia Holter e Corey Fogel (14 abril), e o tributo de Dorian Wood a Chavela Vargas baixo o título “Xavela Lux Aeterna” (18 abril), aos que se suman dúas Sesións Anecoicas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coas bandas galegas Vudú (10 abril) e Eladio y los Seres Queridos (22 maio). O Festival Sinsal Primavera é un proxecto no que colabora o Concello de Vigo; tamén a Universidade de Vigo a través do centro de investigación Atlanttic. Un evento que en 2019 celebra o seu aniversario número dezasete. As entradas para os concertos do Auditorio do Concello teñen un prezo de 10 euros e saen a venda en ticketea As Sesións Anecoicas son de entrada libre; iso si, con inscrición previa debido ao limitado do aforo da cámara.

En 2019 celébranse os 100 anos do nacemento da cantante mexicana-costarricense Chavela Vargas, ela de alma resplandecente e voz de furia, dor e ardor. Para o artista Dorian Wood, o camiño a Chavela foi tanto un Santo Grial como unha viaxe de autoreflexión. Entre as semellanzas de ambos artistas existe outro viaxe; unha exploración que pon na súa traxectorua a nudez da alma, a renuncia de patria e a súplica a un mundo que leva nas súas mans o sangue da marxinalización de seres humanos. “Xavela Lux Aeterna” é metade homenaxe, metade diálogo entre dúas almas creativas pasando por un só corpo.

Cancións que Chavela fixo populares, entrelazadas con composicións orixinais e temas folclóricos de Costa Rica, serán interpretadas pola poderosa voz de Dorian e unha orquestra de cámara baixo a dirección do artista español Alberto Montero.

Data: 
Xov (18/04/2019)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Sinsalaudio, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Ticketea, 10 €
AnexoTamaño
PDF icon cartel_sinsal_primavera_2019.pdf138.89 KB