DOMBASS DE SERGEI LOZNITSA – CINE CLUB LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Sergei Loznitsa 

Fotografía: Oleg Mutu

Música: Vladimir Golovnitiski 

Duración: 120 minutos.

Nacionalidade: Ucrania

Ano: 2018

V.O.S.C.

 

FICHA ARTISTICA

Valeriu Andriuta

Evgeny Chistyakov

Georgi Deliyev

 

2019: MELLOR FILME, MELLOR GUIÓN E MELLOR DIRECTOR, DA ACADEMIA DO CINE UCRANIANA                               

2018: MELLOR FILME, GRAN PREMIO DO XURADO, E MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL DE CINE  DA INDIA

2018: FESTIVAL DE CANNES: UNHA CERTA MIRADA, MELLOR  DIRECTOR

2018: FESTIVAL DE SEVILLA: XIRALDILLO DE OURO, MELLOR FILME

2018: MELLOR FILME DOS CRÍTICOS DE CINE UCRANIANOS

 

SINOPSE

O filme revela un proceso colectivo de animalización dende diferentes perspectivas. Un demoledor diagnóstico da condición humana, que espalla furia mesturada con mordacidade, mentres  contempla rostros e multitudes.

 

SERGEI   LOZNITSA

Director, montador, produtor, fotógrafo, e guionista nado en 1964 en Baranovitchi, Bielorrusia, que nese momento forma parte da Unión Soviética. Máis tarde a familia trasládase a Kiev, Ucrania, onde el remata a secundaria. En 1981, ingresa no Instituto Politécnico de Kiev, no que acada a licenciatura de matemática aplicada e sistemas de control. En 1987 se gradúa cunha licenciatura en inxeniería e matemáticas. Entre 1987 y 1991 traballa como científico para o Instituto de Cibernética. Alí participa no desenvolvemento  de sistemas expertos e intelixencia artificial. Ademais, exerce como traductor de xaponés. Durante ese tempo desenvolve un forte interés polo cine, o que o leva no 1991 a ingresar no Instituto Estatal Ruso de Cinematografía, en Moscú. Estuda no estudo de Nana Dzhordzhadze. En 1997, se gradúa con honores en produción e dirección cinematográfica. No 2000, comeza a producir obras no Estudio de Cine Documental de San Petersburgo. Ese mesmo ano acada unha bolsa do programa “Nipkov” de Berlín. En 2001, emigra coa muller e dúas fillas a  Alemania.

Até o momento ten realizado dúas longametraxes de ficción, tres documentais, e oito curtametraxes. Atópase traballando no seu Último documental State Funeral.

Data: 
Lun (03/06/2019)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 euros Cota filme soci@: 4 euros Bono Lumière 5 filmes: 15 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 5 euros PARAD@S, con carné: 4 euros
AnexoTamaño
PDF icon XUNHO 2019.pdf123.9 KB