DOCUMENTAL PANTOQUE, DE EDUARDO ARMADA – (MARCO)

Descripción: 

O 16 de novembro inaugurábase, nos espazos da planta baixa do MARCO, a exposición PANTOQUE. Un proxecto creativo multidisciplinar, desenvolvido polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo e realizador audiovisual Eduardo Armada, baseado na confluencia de dous modos de narración que parten dunha mesma realidade: explorar a través da linguaxe plástica e visual o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro, neste caso Astilleros Armada en Bouzas, Vigo.

Como actividade paralela e complementaria desta mostra, o 18 de xaneiro estreouse, nunha das salas da planta baixa, o documental Pantoque, realizado por Eduardo Armada, que recolle toda a historia e proceso do proxecto dende o seu inicio.
Dada a gran acollida que suscitou, e cara a unha maior difusión, o documental volverá a proxectarse a primeira fin de semana de febreiro e de marzo no salón de actos do MARCO, de xeito continuado, dentro do horario de apertura da exposición.

Data: 
Ven (01/03/2019) a Sáb (02/03/2019)
Horarios: 
Proxección en bucle, de 11:00 a 14:30 h e de 17:00 a 21:00 h
Lugar: 
Marco, salón de actos
Organizador: 
Fundación Marco, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto