A DESNUDEZ - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Compañía: Daniel Abreu

Xénero: danza contemporánea

Autoría, dirección, vestiario e coreografía: Daniel Abreu

Escenografía: Cía. Daniel Abreu

Deseño de son: David Benito

Deseño de iluminación: Irene Cantero

Música: Collage

Elenco artístico: Dácil González e Daniel Abreu

 

La Desnudez é unha proposta poética sobre o saber quererse. Dúas figuras en escena, apuntando unha idea de polaridade e de viaxe desde a norte ao amor. Onde acompaña a música, o músico, o son grave do vento no metal. A nudez responde a ese lugar de intimidade, onde xa non existen as preguntas. A beleza do espido, do que hai e do que acontece. Ás veces o sublime dunha man que  toca e intercambia calor e suor, e ás veces quere mal. Outras o exercicio de exercer o amor e sostelo. Constrúese e destrúese, como o acto da respiración. É unha danza do que entra en cada universo e que trata de engulir para vomitar algo novo. Dúas persoas que provocan o impulso de estreitar os lazos pero querendo mantelos frouxos para poder espilos axiña.

La Desnudez é un acto de morte, como a exhalación, sacalo todo para que empece algo novo e ao mesmo tempo é construír coa ilusión de que isto era o definitivo. Podería lerse a obra de atrás cara a diante, onde aparece a viaxe e o sentido dunha unión sentimental. Unha obra que vai do negro ao brando, dun espazo cuberto a un espazo aberto.

Data: 
Ven (26/04/2019)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €