DÍA DAS ESCRITORAS. “MUJERES SABER Y PODER” - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

O día 16 de outubro celébrase o “Día das Escritoras”. A Biblioteca Neira Vilas foi convidada pola Biblioteca Nacional a unirse ás diferentes celebracións que realízanse para homenaxear a todas as escritoras. Este ano baixo o lema “Mujeres, saber y poder” propóñennos unha selección de autoras e obras que logra unha nova e inédita conexión que nos conduce a unha vida máis participativa.

Para celebralo, o día 16 todo usuario que leve prestado algún libro escrito por algunha muller será obsequiado cunhas flores que levarán unha etiqueta co logo e o lema deste ano, así como cunha frase dalgunha autora. Durante o resto da semana realizaremos unha exposición con libros de diferentes escritoras que estarán dispoñibles para consulta e préstamo. Haberá un "Photocall" con diferentes materiais para que a xente que queira fágase fotos, vídeos lendo... e logo cólgueo nas súas redes sociais.

 

Destinatarios: público xeral.

Data: 
Lun (16/10/2017)
Horarios: 
De 10:30 h a 20:30 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto