CONCERTO DO ALUMNADO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

A Concellería de Cultura colabora unha vez máis co Conservatorio Profesional de Música de Vigo no concerto que terá lugar o mércores 18 de abril, ás 20:00 h, no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1). O concerto correrá a cargo do alumnado do centro, con actuacións de guitarra, frauta, trío de metais, cuarto de cordas, cuarteto de metais, quinteto de cordas e conxunto de clarinetes. A entrada será libre até completar aforamento.



O concerto enmárcase dentro da liña de colaboración establecida entre a citada concellería e os conservatorios da cidade dende hai varios anos, co obxecto de ofrecer o espazo do auditorio para que o alumnado e/ou profesorado dos centros poidan amosar os seus traballos.

Data: 
Mér (18/04/2018)
Horarios: 
20:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Conservatorio Profesional de Música de Vigo coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Libre até completar aforamento
AnexoTamaño
PDF icon programa_concerto_alumnado_CMUS.pdf877.98 KB