CONCERTO ALUMNADO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

A Concellería de Cultura colabora unha vez máis co Conservatorio Profesional de Música de Vigo no concerto que terá lugar o mércores 3 de abril, ás 20:00 h, no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1). O concerto correrá a cargo do alumnado do centro, con actuacións de guitarra, contrabaixo, frauta, violín, viola, trompa, trompetab e trombón. A entrada será libre até completar aforamento.

O concerto enmárcase dentro da liña de colaboración establecida entre a citada concellería e os conservatorios da cidade dende hai varios anos, co obxecto de ofrecer o espazo do auditorio para que o alumnado e/ou profesorado dos centros poidan amosar os seus traballos.

 

 

Data: 
Mér (03/04/2019)
Horarios: 
20:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Conservatorio Profesional de Música de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Entrada libre até completar aforamento
AnexoTamaño
PDF icon programa_alumnado_CPM_2019.pdf128.97 KB