CONCERTO “LOS HIJOS DE LA MONTAÑA” - (MUSEO MARCO)

Descripción: 

“LOS HIJOS DE LA MONTAÑA” E “THOR HARRIS” NO SINSAL OUTONO VIGO


En Sinsalaudio gústanos o outono, tan necesario este ano en Galicia. Para celebrar a estación, e como vén sendo habitual, o Sinsal Outono 15 chega a Vigo con dous concertos: Los Hijos de la Montaña (28 novembro) e Thor Harris & Friends (15 decembro) no MARCO de Vigo, ambos ás 20:30h. Mestizaxe e hibridación sonora da man do proxecto de Sergio Mendoza chamado Los Hijos de la Montaña e  a oportunidade de vivir a experiencia Thor Harris, nome fundamental da escena estadounidense vinculado durante anos aos Swans. Sinsal Outono 15 conta co apoio do concello de Vigo. As entradas, en ataquilla.com

Los Hijos de la Montaña é o proxecto promovido polo estadounidense Sergio Mendoza, valioso colaborador de proxectos devotos da hibridación sonora como Calexico, Devotchka, Giant Sand, ou Instituto Mexicano del Sonido. Ademais, cerebro, xunto a Camilo Lara, da trastada que é Mexxrrissey (Morrisey pasado por unha túrmix azteca) e, ante todo, líder desa Orkesta Mendoza na que, inspirado polo gran Pérez Prado, insire unha miríada de xéneros latinos cun prisma psicodélico. Coa produción de Steve Berlin (Los Lobos) e coa complicidade da súa irmá, a cantante Luz Elena Mendoza, con Los Hijos de la Montaña explora o folclore latino en xeral e o mexicano en particular. Folk e cumbia, con espazo para unha psiquedelia pausada e crepuscular. O estadounidense presenta en directo esta exquisitez exótica acompañado do talento dunha vocalista soberbia, a colombiana Alea. Será o 28 de novembro no MARCO de Vigo ás 20:30h.

 

O  prezo das entradas é de 7 € e poden adquirirse en ataquilla.com

Data: 
Mar (28/11/2017)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
MUSEO MARCO (rúa Príncipe 54, 36202 Vigo)
Organizador: 
Sinsalaudio S.L., coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
7 €