A Concellería de Cultura únese un ano máis ao "Venres Neghro"

A Concellería de Cultura participará un ano máis no seu particular "Venres Neghro", que oferta descontos especiais para toda a programación de artes escénicas "Vigocultura", que ten lugar nas fins de semana no Auditorio Municipal do Concello.
 
Así pois, todas as persoas que compren as súas entradas entre os días 16 e 23 de novembro, gozarán de importantes descontos:
  • As entradas de 8 € pasarán a costar 5 €.
  • As entradas de 5 € pasarán a costar 3 €.
Estes descontos estarán dispoñibles a través de todas as canles de venda (web, teléfono, Discos Elepé e billeteira do propio auditorio).