CITA A CEGAS - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Durante os meses de verán a Biblioteca Neira Vilas ofrece a quen o desexe unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser o seu gran amor literario. As persoas usuarias terán á súa disposición unha serie de paquetes pechados que poden levar a casa emprestados, sen saber o que  hai dentro, ata que ao abrilo desvelen o seu segredo, atopándose co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

 

Destinatarios: persoas usuarias da biblioteca.

Data: 
Sáb (01/07/2017) a Sáb (30/09/2017)
Horarios: 
MAÑÁS: de martes a sábado de 10:30 h a 14:00 h - TARDES: de luns a venres de 17:00 h a 20:30 h (de 18:00 h a 20:30 h do 15 de xuño ao 15 de setembro)
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto