A Biblioteca Pública Juan Compañel amplía os seus horarios da sala de lectura nos meses de maio e xuño

Co obxecto de facilitar o estudo polo periodo de exames e o uso das instalacións públicas, a Biblioteca Pública Juan Compañel (r/ Joaquín Yáñez, 6), en colaboración coa Concellería de Cultura, ampliará o horario de apertura da súa Sala de Lectura, según o seguinte:

 

- Periodo de ampliación: mércores 2 de maio ao sábado 30 de xuño

 

- Horarios ampliados durante ese periodo: 

Luns a venres: de 20:30 h a 24:00 h

Sábados: de 16:00 h a 24:00 h

Domingos e festivos: 10:00 h a 14:00 h