ASHI WADA GROUP feat. JULIA HOLTER&COREY FOGEL– (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

O Festival Sinsal Primavera Vigo fainos catro propostas sonoras singulares nos meses de abril e maio. Dous espectáculos especiais no Auditorio Municipal do Concello: o proxecto de Tashi Wada Group con Julia Holter e Corey Fogel (14 abril), e o tributo de Dorian Wood a Chavela Vargas baixo o título “Xavela Lux Aeterna” (18 abril), aos que se suman dúas Sesións Anecoicas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coas bandas galegas Vudú (10 abril) e Eladio y los Seres Queridos (22 maio). O Festival Sinsal Primavera é un proxecto no que colabora o Concello de Vigo; tamén a Universidade de Vigo a través do centro de investigación Atlanttic. Un evento que en 2019 celebra o seu aniversario número dezasete. As entradas para os concertos do Auditorio do Concello teñen un prezo de 10 euros e saen a venda en ticketea As Sesións Anecoicas son de entrada libre; iso si, con inscrición previa debido ao limitado do aforo da cámara.

O compositor residente en Los Ángeles Tashi Wada presenta a súa nova formación en colaboración con Julia Holter e o percusionista Corey Fogel. Xuntos interpretan o último disco de Wada: “Nue”, publicado o pasado outono no selo de Brooklyn RVNG Intl. En xaponés -Tashi é fillo do artista sonoro nipón residente en San Francisco Yosi Wada, que forma parte deste disco- “Nue” é unha criatura mitolóxica coa cara dun mono, as patas dun tigre e a cola dunha serpe. En francés, “nue”significa espido -carente de complexidade, desnudo, exposto pero tamén algo en bruto, esencial. Esta dualidade é a base de “Nue”. Editado nas series de proxectos interxeracionais de RVNG Intl. , esta colaboración inclúe desde a gaita minimalista do seu pai até voces sobrenaturais, creando, segundo Wada, “unha visión, unha noite de soños sen fin, e un tipo de historia persoal, chea de praceres e demos”. Unha suite multifacética, á que Tashi dá vida cun núcleo de compañeiros de viaxe: Julia Holter e Corey Fogel, nun proxecto que permite admirar a individualidade de cada un dos artistas ao tempo que crea unha grande intimidade entre eles.

Data: 
Dom (14/04/2019)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Sinsalaudio, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Ticketea, 10 €
AnexoTamaño
PDF icon cartel_sinsal_primavera_2019.pdf138.89 KB