Aporía Escénica presenta "6 cubos negros en corpo branco" no Auditorio Municipal

O sábado 4 de novembro, ás 21:00 h, APORÍA ESCÉNICA presenta no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) a obra "6 cubos negros en corpo branco", unha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo e referencias ao universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba.

Seis actrices en escena habitan un espazo en branco e negro, subxugadas pola omnipresenza do frío que emana do gran frigorífico branco, suspendidas no tempo, a cabalo entre dúas épocas, a analóxica e a dixital. Asistimos á desconxelación gradual dos corpos desde o hieratismo á organicidade, nunha inquietante atmosfera na que destacan os queixidos do violín.


As entradas, a partir de 8 €,  poden mercarse no seguinte enlace: 

https://www.ticketea.com/entradas-teatro-6-cubos-negros-corpo-branco-vigo/