ACHÉGATE A INTERNET – (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Descripción: 

Preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital, no nivel de “Iniciación I”, pensado para aquelas persoas sen coñecementos básicos no manexo do ordenador. A súa finalidade é formar a usuarios autónomos na busca/asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información,  formación e lecer.

Mércores 13 e venres 15 de febreiro de 2019, de 10,00 a 12,00h

Destinatarios:  Maiores de 16 anos sen coñecementos básicos de informática ou Internet.

Prazas:  6 participantes

Inscrición: Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir do día 15 de xaneiro ás 10,30h. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Data: 
Mér (13/02/2019) a Ven (15/02/2019)
Horarios: 
De 10:00 h a 12:00 h
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto