6º CONCURSO "CIDADE DE VIGO" DE VIOLÍN, VIOLA E VIOLONCHELO- (AUDITORIO MARTÍN CÓDAX)

Descripción: 

O domingo ás 19 horas procederase á entrega de premios aos gañadores que ofrecerán un concerto nunha gala final aberta ao público en xeral.

 

Vigo 29 de novembro de 2017.- Comeza no Conservatorio Superior de Música de Vigo a sexta edición do Concurso de Violín, Viola e Violoncelo “ Cidade de Vigo”, organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corda ( AGIC) coa colaboración do Concello de Vigo e as empresas Ibercisa Deck Machinery e Mepronor. A cita, do venres día 1 ao domingo 3 de decembro e a ela acoden 60 estudantes destes tres instrumentos de toda a Península Ibérica –España e Portugal-.

As probas comezarán o venres día 1 en horario de mañá para as categorías A, B, C e D de Viola e de A, B e D de Violoncelo. En horario de tarde celebraranse as probas de Violoncelo C e Violín A.

O sábado día 2 en horario de mañá celébranse as probas de Violin D e C e de tarde as correspondentes á categoría B. A última hora da tarde do sábado comezarán as finais, coas de Viola e Violoncelo A.

Elizabeth Taylor, presidenta da Asociación Galega de Instrumentos de Corda, quixo destacar a maior participación de mozas que acoden a esta edición 2017 con ganas de demostrar os seus avances no terreo musical. O Concurso “ Cidade de Vigo” se catacteriza por fomentar tanto a aprendizaxe como a amizade entre os seus participantes e aos poucos creceu, desde a categoría única de violín e ámbito autonómico ata converterse nun concurso internacional -España e Portugal- nos tres instrumentos de corda.

Este ano fomentouse este carácter transnacional do concuso coa incorporación de dous novos membros no xurado procedentes de Portugal; así como a implicación do Instituto Camões de Vigo que colaborou facendo posible a participación da Orquestra dá Universidade do Minho no Concerto dos Gañadores da edición 2016, celebrado o pasado 17 de novembro no Teatro de Afundación.

O xurado do VI Concurso de Volín, Viola e Violoncelo Cidade de Vigo está presidido por Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía de Galicia. Entre os seus membros, Enrique Igrexas, responsable da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia; Iminas Kucinskas, profesor de violoncelo na Escola Profesional de Música de Viana do Castelo e no Conservatorio Mayeusis de Vigo; Roberto Alonso, profesor de violín na Universidade de Houston; Jaroslav Mikus, profesor de violoncelo na Universidade de Aveiro; Marta Vélez, profesora de violín e de música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo; Leonardo Branco, profesor de violín no Conservatorio Superior de Música de Vigo; Mateusz Stasto, profesor de Viola de Arco na Universidade do Minho; *Ângelo Martingo, director do Departamento de Música da Universidade do Minho e director artístico da Orquestra dá Universidade do Minho; e Sergio Sieiro, profesor de viola no Conservatorio Superior da Coruña.

AGIC fundouse no 2011 co obxectivo de promocionar os concursos para nenos que estudan instrumentos de corda en calquera centro de Galicia, público ou privado. É necesario que os estudantes entren en contacto con outros músicos e poidan comparar o seu nivel musical.

 

Máis información:www.agic.org.es

Data: 
Ven (01/12/2017) a Dom (03/12/2017)
Horarios: 
Consultar o programa que se achega
Lugar: 
Auditorio Martín Códax do CMUS
Organizador: 
AGIC, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Libre ata completar aforamento
AnexoTamaño
PDF icon dosier_concurso_violin.pdf59.8 KB