“XXIV XORNADAS DE FILOSOFÍA” – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

A Concellería de Cultura, baixo a dirección técnica do Grupo Aletheia-Vigo, presentan a viséximo cuarta edición das Xornadas de Filosofía que terán lugar, no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), do 16 ao 19 de outubro, ambos inclusive.

As xornadas sempre buscaron un tema de actualidade ou de enorme interese social para someter a debate. Cosmoloxía, relixión, economía, socioloxía, ética, ciencia, política… e outros moitos temas xa foron tratados en edicións anteriores. Este ano decidiuse propor a medicina baixo a mirada filosófica: “Filosofía e medicina”. As razóns desta elección temática son varias, e todas elas de contundente peso intelectual: os criterios filosóficos, bioéticos e relixiosos que examinan a práctica médica; os protocolos e a relación médico-paciente-familiares; a repercusión política na medicina; o uso -e abuso- de fármacos e alternativas pseudocientíficas á medicina científica; a existencia dun profundo debate social sobre a situación do modelo sanitario en Galicia, en España e no resto do mundo; ou temas actuáis a debate como a eutanasia, a concepción subrogada, o aborto…

Para abordar este tema, seleccionáronse os mellores expertos entre médicos e filósofos, tendo que lamentar o falecemento fai uns días de Jesús Mosterín, que formaba parte do programa inicialmente. O currículum de cada relator é soberbio, e cada un deles é do mellor que hai nestes momentos en España na súa profesión: Anxo María Carracedo, Javier Sábada, Benjamín Herreros, Enrique Echeburúa, Josep Toro, Adolf Tobeña, Igancio Mogardo e Manuel Toharia. Todos proveñen das máis prestixiosas universidades de España: Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, País Vasco e Universidade de Santiago de Compostela.

 

A inscrición nas xornadas pode realizarse a través de correo-e no enderezo "xornadasaletheia@yahoo.es", ou o propio luns 16 no auditorio. A entrada é libre e de balde.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

 

 

Data: 
Lun (16/10/2017) a Xov (19/10/2017)
Horarios: 
Consultar o programa que se achega
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
A Concellería de Cultura e mailo Grupo Aletheia-Vigo
Acceso: 
Libre e gratuíta