“WESTERN” (WESTERN) DE VALESKA GRISEBACH– CINE CLUBE LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Valeska Grisebach.

Fotografía: Bernhard Keller.

Duración: 100 minutos.

Nacionalidade: Alemaña.

Ano: 2017.

V.O.S.C.

 

FICHA ARTÍSTICA

Meinhard Neumann, Reinhardt Wetrek, Waldemar Zang.

 

-2017: FESTIVAL  MAR DA PRATA: MELLOR DIRECTOR.

-2017: FESTIVAL DE SEVILLA: PREMIO ESPECIAL DO XURADO.

-2017: PREMIO ANXO AZUL Á MELLOR DIRECTORA NO ART FILM FESTIVAL.

-2017: PREMIO DO XURADO Á DIRECTORA NO YEREVAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL. 

-2017: PREMIO MENCIÓN DE HONRA Á DIRECTORA NO JERUSALEM FILM FESTIVAL. -2017: PREMIO FIPRESCI Á MELLOR DIRECCIÓN NO MOTOVUN FILM FESTIVAL. 

-2017: PREMIO FIPRESCI E PREMIO DO XURADO NO T-MOBILE NEW HORIZONS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, POLAND.

-2018: PREMIO DOS CRÍTICOS DO CINE ALEMÁN Á MELLOR LONGAMETRAXE DO ANO 2017, E -PREMIO AO MELLOR  ACTOR, MEINHARD NEUMANN.

-2018: PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME NO ISTANBUL INTERNATIONAL FILM FESTIVAL.

 

SINOPSE

Unha cuadrilla de obreiros alemáns desprázase a unha vila búlgara para traballar na posta en marcha dunha central hidráulica. Molesta o seu descaro groseiro, e  ofende a saña eficiente coa que rozan a paisaxe, e os agravios das súas suores masculinas, de rematar coa  paga no bar e berrar agudo ao paso das mozas.

 

VALESKA  GRISEBACH

Realizadora, guionista, editora e produtora nada en 1968 in Bremen, Alemaña. Primeiro estuda Filosofía e Literatura en Berlín, Munich e Viena; En 1993, empeza a estudiar Dirección na Academia de Cine de Viena, onde figuras como Peter Patzak, Wolfgang Glück e Michael Haneke estaban entre os docentes. O filme de graduación My Star (2001), unha historia de amor suave sobre dous adolescentes acada o Premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cine de Toronto e  Premio ao Mellor filme no Festival de Cine de Turín. En Alemaña, acadou o Premio Primeiros Pasos. Sehnsucht (2004-2006), foi o seguinte traballo, unha historia de relacións composta na maior parte por actores e actrices non profesionais, coa que acadou tamén grandes éxitos de crítica e público.

Para a exposición "Pain", unha exposición conxunta do Museo de Historia Médica de Berlín e a Hamburger Bahnhof, produciu o vídeo documental Scars en 2007, onde a xente fala sobre as cicatrices  non desexadas ou desexadas e os recordos asociados da dor. Nos anos seguintes, traballa como profesora na Academia Alemá de Cine e Televisión de Berlín (dffb) e de asesora de guións, entre eles: The Education (2011) e Toni Erdmann (2016).

Esta é a  terceira longametraxe e o seu último traballo.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Lun (01/10/2018)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Cineclub Lumière Vigo, coa colaboracion da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 € - Cota filme soci@: 4 € - Bono Lumière 5 filmes: 15 € (só soci@s) - Cota filme colaborad@r: 5 € - PARAD@S, con carné: 4 €
AnexoTamaño
PDF icon OUTUBRO 2018.pdf118.97 KB