“VUELOS” DE ARACALADANZA – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

As ás da imaxinación fannos libres; ao despregármolas, descubrimos un universo de soños que nos devolve imaxes que debuxan a nosa anatomía, xogan coa xeometría e nos descobren a perspectiva.

Permítennos voar.

Ver a natureza (tamén a nosa).

E xunto aos soños, atopar as nosas máis secretas ambicións.

Unha viaxe a cabalo convértenos en aves con ás que secretamente desexamos.

E ceando divertidos (esa última cea, que repetimos incansables!).

Benvidos ao xogo! Ao soño!

Voos.

 

* Finalista MAX 2017 ao mellor espectáculo infantil ou familiar e á mellor figurinista.

 

Compañía: Aracaladanza.

Xénero: danza contemporánea.

Autoría e música: Aracaladanza.

Dirección e coreografía: Enrique Cabrera.

Escenografía e vestiario: Elisa Sanz.

Elenco artístico: Carolina Arija Gallardo, Jorge Brea Salgueiro, Raquel de la Plaza Húmera, Jonatan de Luis Mazagatos e Jimena Trueba Toca.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Dom (03/12/2017)
Horarios: 
12:00 h e 18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €