“VOL.1” DE VATAPÁ QUINTETO – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Infórmase que as entradas para este concerto están esgotadas. Por este motivo, o despacho de billetes do auditorio só funcionará para a recollida das entradas vendidas anticipadamente.


 

Vatapá Quinteto caracterízase por un divertido directo no que interpretan temas clásicos da música americana da primeira metade do século XX, principalmente bossa nova, blues e swing, cun son moi coidado a cargo de Paco Guimarei, que é xa marca da casa.

O nome do grupo está extraído da canción brasileira titulada Vocè já foi à Bahia de Dorival Caymmi, na que se fai unha auténtica exaltación da gastronomía do Estado de Bahía. O “vatapá” é un dos pratos tradicionais que se citan na canción e a banda decidiu adoptalo como nome, pola súa sonoridade musical e tamén como homenaxe á riquísima cultura brasileira. A súa formación de voz feminina, guitarra, clarinete, caixón e contrabaixo dálle ao grupo unha sonoridade moi persoal.

O concerto, que é a presentación do seu primeiro disco, contará con artistas invitados.

 

Grupo: Vatapá Quinteto.

Xénero: música bossa nova, swing, blues.

Público: adulto.

Duración: 75 minutos.

Prezo: 5 €

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- En Discos Elepé (Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h, de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (10/11/2017)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €