“VIRXILIO DA SILVA” FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO “IMAXINASONS 2018” - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Virxilio da Silva, compositor e guitarrista, nace en Portonovo en 1984. Ata 2005, formouse integramente en Galicia: cabe destacar a súa etapa de formación jazzística xira no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (2001-2005) da man de Abe Rábade e Paco Charlín. Forma parte, pois, da primeira promoción de músicos de jazz saídos dese Seminario tan singular, sen parangón en ningunha parte do Estado Español, e que se vén denominando a terceira xeración do jazz na Galiza.

Ao longo da súa traxectoria profesional ten tocado, e mesmo nalgúns casos gravado, con músicos de renome a nivel nacional, estatal e internacional. Recibiu o 1º premio na segunda edición dos Premios Galegos da Música Martín Codax (2015) na categoría de Músicas do Mundo con Mónica de Nut polo disco Dos fíos invisibles nacen as cores, e na terceira edición (2016) na categoría de Rock co grupo Foxy Freire. Tamén en 2015 obtén o premio ao mellor solista no Keep an Eye International Jazz Award do Conservatorium van Amsterdam. Lidera a banda JUZZ desde 2016. Combina esta actividade, coliderando outros proxectos como Fuzzo, Loiros e Foxy Freire, e que mostran a variedade estilistica na que Virxilio se sinte especialmente cómodo.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

 

 

Data: 
Mar (03/07/2018)
Horarios: 
22:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36201 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €: Venda anticipada, sen gastos de xestión: www.ticketea.com - Teléfono 902044226 – Discos Elepé - O mesmo día no despacho de billetes da sala desde unha hora antes do comezo
AnexoTamaño
PDF icon programa_imaxinasons18.pdf236.89 KB