“VII FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE EN VIGO” - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO E OUTROS ESPAZOS)

Descripción: 

A Concellería de Cultura colabora un ano máis, presente dende o seu inicio, no Festival Primavera do Cine en Vigo, que chega á súa sétima edición. O festival, organizado pola Asociación Cultural Reencanto Producións, desenvolverase do 8 ao 13 de maio en diversos espazos da cidade, tales como o Auditorio Municipal do Concello, o MARCO ou o Instituto Camoes.

O festival segue a ter como obxectivo principal a consolidación do audiovisual galego e lusófono, ofrecéndolles un espazo que sirva para impulsar as súas obras. Como de costume, contará con tres categorías orixinais: curtametraxes, longametraxes e videoclips, ao que se suma un apartado especial dedicado á animación, un tipo de cinema que cada vez ten máis protagonismo en Galicia. Entre o 9 e o 11 de maio, terá lugar o ciclo do Cine Miúdo no Teatro Afundación, unha actividade para público infantil que ensina aos escolares das etapas de Infantil e Primaria a relación existente entre a música e o cinema.

O evento contará cun xurado profesional composto por personalidades referentes no sector e manterá o xa clásico premio do público, un acto que sirve para facer partícipes a todas as persoas que asistan ás proxeccións.

Brasil será o país convidado desta sétima edición e do que se poderá coñecer, a través dunha coidada retrospectiva, o novo cinema brasileiro.

En total serán 33 curtametraxes (entre elas, as obras dos vigueses Álvaro Gago e Fon Cortixo, da redondelana Noemí Chantada e do recoñecido animador Khris Cembe) e 11 longametraxes (como por exemplo, A fábrica de nada, de Pedro Pinho; I Trinta Lumes, de Diana Toucedo ou Dhogs de Andrés Goteira).

 

 

Máis información na web do festival: "www.primaveradocine.com"

Data: 
Mar (08/05/2018) a Dom (13/05/2018)
Horarios: 
Consultar o programa que se achega
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello e outros espazos. (Consultar o programa que se achega)
Organizador: 
Asociación Cultural Reencanto Producións, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Consultar o programa que se achega