“TROPICAL” DE ELEFANTE ELEGANTE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Tropical é un espectáculo sensitivo, universal e evocador, que mergulla no universo da viaxe e na súa riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refugiados custodiados por unha vixiante tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos.

Desde a ironía e o absurdo, Tropical reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade.

Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan. Ao ritmo das ondas, este barco convida a subir a bordo para navegar o presente cunha nova mirada. Cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza, Tropical é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.

 

Compañía: Elefante Elegante.

Xénero: teatro xestual.

Autoría, dirección, adaptación, escenografía e deseño de son: María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Deseño de iluminación: Dani Pais.

Vestiario: Beatriz Clara.

Música: Gonçalo Guerreiro, Antonio Romero, Rosalía Vázquez, Richi Casás, Iago Blanco, Kibitka, Juanma Ons e Manuel Ares.

Elenco artístico: María Torres, Gonçalo Guerreiro, Fredi Muíño, Marta Alonso e Ánxela Blanco.

Público: adulto.

Duración: 75 minutos.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 902044226

- En Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35)

Horario: De 10 h a 13:30 h e de 16:30 h a 20 h de luns a sábado

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles)

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.

Data: 
Ven (06/04/2018)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €